Como cada ano, na mañá deste xoves 30 de xaneiro o Colexio Diocesado San Pablo VI-Fátima da Rúa celebraba o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, un día “cheo de valores, convivencia e compromiso”, aseguran dende o colexio no que tamén soltaban pombas brancas.
Na capela, “da man de D. Gonzalo Vitoria, elevamos unha oración sinceira, vivida coa alegría de facer o ben”, explican dende o centro escolar que, tras este momento de reflexión, compartía un manifesto presentando os proxectos solidarios de Manos Unidas Astorga que recibirán a recadación do ‘bocata solidario’: Seguridade alimentaria, auga e educación en comunidades indíxenas de Paraguay; e mellora da prevención e atención sanitaria en aldeas tribais da India.
“Unha forma sinxela pero significativa de axudar a quenes máis o necesitan”, conclúen.
Fotos cedidas.