Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Día Mundial contra o cancro de mama en Valdeorras

As mesas da Asociación Española contra o Cancro volvían saír á rúa con motivo desta data no Barco, Petín e A Rúa

 

“Saca peito”. É o lema da campaña do Día Mundial contra o Cancro de Mama que a Asociación Española contra o Cancro está a desenvover en Valdeorras na xornada do 19 de outubro no Barco, Petín e A Rúa con mesas informativas e reparto de caraveis, globos, lazos rosas, caramelos, así como a realización dunha cuestación solidaria. Con esta acción as voluntarias da asociación volven ás rúas tras a paréntese condicionada pola pandemia do Covid-19.

 

Voluntarias na praza do Concello, no Barco.

 

No caso do Barco instalábanse dúas mesas informativas a partir das 10:30h. (que estarán ata as 13h.) na entrada do Hospital de Valdeorras e na praza do Concello do Barco. No caso de Petín a mesa estaba situada na praza e na Rúa no exterior dun baixo na céntrica rúa Progeso. Ademais nas mesas estaban á venda diversos produtos solidarios, entre eles pulseiras.

 

Voluntarias na mesa en Petín.

 

A campaña deste ano “Saca peito” pon de manifesto que o cancro de mama fai máis vulnerables ás mulleres que desenvolven a enfermidade e, nese senso, a Asociación Española Contra o Cancro fai un chamamento social para “corrixir a inequidade que existe en torno ao cancro e, concretamente no cancro de mama, que provoca que o 15% das mulleres que teñen esta doenza estea en situación de extrema vulnerabilidade económica e laboral”, explica o novo presidente da asociación en Ourense, Germán Rodríguez-Saá.

 

Voluntarias na Rúa.

 

Tamén indica que “case un 34% das enfermas perderon o seu traballo ou víronse obrigadas a deixalo a causa da enfermidade; o 70% perdeu o seu salario u case todos os seus ingresos e preto do 36% vese obrigada a perder 11 meses de traballo. Entón, isto lévanos a pensar que o cancro é igual para todas as persoas, pero non todas as persoas son iguais fronte ao cancro, a situación de cada un é moi diferente fronte á enfermidade, entón temos que poñer o foco nesa inequidade”.

Fotos: A.R./ Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button