DeportesEnduroÚltima hora

Diego Teixeira, entre os pilotos valdeorreses que participarán na 4° carreira do nacional de hard enduro

A proba, puntuable tamén para o campionato galego de extremas, celebrarase esta fin de semana na Peroxa

Diego Teixeira no hard enduro La Clua./ Foto cedida.

 

Os amantes do motor teñen unha nova cita esta fin de semana. Os días 15 e 16 celebrarase a 4° carreira do Campionato de España de Hard Enduro na localidade ourensá da Peroxa.

Trátase dunha proba puntuable tamén para o campionato galego de extremas da man da Liga Galega de Moto de Campo. “O sábado dende as 12 horas serán as clasificacións para a saída do domingo, e de tarde haberá un prólogo con obstáculos moi técnico”, puntualiza o barquense Diego Teixera, un dos 120 pilotos que correrán. O domingo será a quenda da carreira de extremo. A categoria Copa empezará ás 9 horas e a categoría profesional ás 12 horas.

Xunto a Diego Teixeiro da comarca de Valdeorras están inscritos en (prol) Jorge paradelo, Raúl Ibarra e Ramiro Folla.

Esta proba será a primeira de hard enduro que se retransmitirá por streaming en España, a través da canle de Youtube da Real Federación Motociclista Española. 

 

O piloto barquense de hard enduro, Diego Teixeira./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button