DeportesEnduroÚltima hora

Diego Teixeira remata a tempada ganando a Copa de España de hard enduro malia lesionarse na última proba

O piloto barquense Diego Teixeira./ Foto: CD Córgomo.

 

Non foi como esperaba pero igualmente Diego Teixeira é o novo campión da Copa de España de hard enduro 2022. Na fin de semana do 5 e 6 de novembro remataba, antes de tempo, a tempada para o piloto barquense. “Tiña pensado correr algunha carreira que queda da liga galega de enduro e algunha do nacional de extremo de Portugal na carreira do campinato de España celebrada en Almedina (Cidade Real) lesioneime”, conta Diego, explicando que era o sábado, xa na volta de recoñecemento do circuíto cando caída, estando á espera de varias probas para ver se libra da cirurxía.

Sexa como for, ao non poder facer a clasificatoria do sábado Diego tiña que saír de última na grella na carreira. “Tiña que saír e acabar a carreira para sumar 2 puntiños que me faltaban para ser campión da Copa e sumei 16 puntos”, di contento despois dunha fin de semana moi difícil.

Teixeira pecha así unha tempada de moita dedicación a este campionato, espereando que a lesión sexa de rápida recuperación para poder empezar a tempada 2023. “Esperemos tamén apareza algún patrocinador que axude cos gastos que a verdade non son poucos”, conclúe o piloto valdeorrés.

 

Artigos relacionados

Back to top button