DeportesEnduroÚltima hora

Diego Teixeira: “Se puidese correr o ano que vén faríao na categoría máxima”

O piloto barquense intentará ganar esta fin de semana o Campionato de España de Hard Enduro

Diego Teixeira nunha das probas do Campionato de España de Hard Enduro./ Foto cedida.

 

Tras vencer en Anieves (Asturias), na cuarta e penúltima carreira do Campionato de España de Hard Enduro 2022, o piloto barquense Diego Teixeira lidera a clasificación xeral na súa categoría, a falta da última carreira que se celebrará esta fin de semana (5 e 6 de novembro) en Almedina (Cidade Real).

“Tomeimo moi en serio este ano xa que nunca correra un campionato de España completo”, di Diego, recoñecendo que unicamente tiña participado nalgunha proba solta pero nunca en  todo un campionato. “Ademaos do sacrificio de ter que ter sempre a punto a moto (mantemento de rodas novas, pastillas de freo, aceite,…) hai que dispoñer dalgún tipo de axuda para poder afrontar os gastos que conleva, os adestramentos e os desprazamentos ás carreiras que desde a miña ubicación no Barco tenme cadrado case todas as carreiras a unha media de 9 horas de viaxe, co cal resulta moi custoso”, explica.

Así e todo, dado o ben que se lle foi dando este ano, con carreira do mundial de enduro extremo incluída, o seu obxectivo pasa por tentar gañar o campionato de España na categoría copa, e “se puidese correr o ano que vén faríao na categoría máxima cos pilotos oficiais das marcas para aprender deles e, a poder ser, tentar darlles algo de pelexa”, engade Diego ilusionado, aínda que recoñece que é moi difícil xa que se trata de xente “que xa se dedica profesionalmente a iso e para min é unha afección”.

Artigos relacionados

Back to top button