A Agrupación Fotográfica FotoSíntese presenta a súa exposción anual colectiva formada, nesta ocasión, por vinte imaxes que corresponde a outros tantos fotógrafos e que leva por título “Distorsións”.
“Vivimos tempos nos que, entre outras cousas, tense agudizado a insatisfacción xeneralizada coa propia aparencia física, percibindonos como defectuosos ou pouco atractivos”, din dende a agrupación, destacando que esta exposición está centrada no corpo humano, cunha galería de imaxes na que “desequilibran” a figura humana ou parte dela co fin de “tentar afondar nese debate sobre como nos ven os demáis, como nos vemos a nós mesmos e como en demasiadas ocasións queremos que a nosa aparencia mande sobre o que realmente somos fuxindo dá naturalidade e de por en valor o que entendemos que é realmente importante como persoas, o ensinar a nosa verdade sen filtros”.
No mundo da arte, ao longo dos tempos, temos mostras de miles de representacións de “corpos e mundos alterados”, nas diferentes representacións gráficas, escultóricas e por suposto fotográficas. “Esas variadas accións e representacións do corpo humano é unha dás ferramentas máis poderosas mediante as cales significámonos e comunicámonos na nosa vida social e cultural e polo tanto cando existen alteracións da normalidade tamén se distorsiona a nosa relación cos demáis e coa noso contorna, por iso se intensifican os problemas derivados desa confrontación entre o que realmente somos e o que fixan as regras do pensamento dominante. Xa sabemos que hai que fuxir da confusión dos conceptos ou comportamentos entre ser maioritario e que eso sexa equivalente a normalidade”, din dende FotoSíntese.
Neste mundo das “distorsións” tampouco debemos esquecer a “manipulación que de xeito cotián observamos nos medios de información e redes sociais, as alteracións, deformacións e falacias visuais son unha ameaza constante e avances técnicos tan iteresantes como a Intelixencia Artificial, poden abrir portas a graves e importantes problemas neste eido”, conclúen.
A mostra pode verse no Liceo de Ourense ata o 28 de febreiro.