ConcellosEntroido 2022Galerías de fotosÚltima horaVídeosVilamartín

Divertido e colorido desfile de Entroido en Vilamartín de Valdeorras

 

Con dous folións e comparsas moi numerosas e divertidas se celebraba o desfile de Entroido organizado polo Concello de Vilamartín de Valdeorras.

 

Cociñeira do Restaurante Come na túa Casa.

 

Só unha semana despois do encontro de folións organizado polos Viticultores, na tarde deste sábado 26 de febreiro era a comparsa “Vilampaemojis” do CEIP Xosé Manuel Folla quen abría o desfile neste concello valdeorrés. Saían con puntualidade británica ás 17 horas, seguidos pola A.C. Folión Os Viticultores de Vilamartín, as “Diosas griegas”, “Los Faraones” de A Rúa, os “Cociñeiros do restaurante Come na túa Casa” de Vilamartín e “Os Zamarreiros de San Vicente” a comparsa máis numerosa con case 40 membros. Pechando o desfile, o Folión Os Arrieiros de Petín.

 

Festa na praza./ Fotos cedidas.

 

Con saída coma sempre dende A Rodeleira e tras percorrer boa parte da vila, sendo seguido por numeroso público ao longo da rúa principal, o desfile remataba na praza José Luis Núñez, con baile a cargo de Danzalia Disco Show.

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button