En portadaÚltima horaVídeos

Djs locais e convidados nun animado Encontro de Pinchadiscos que abre as festas de verán na Rúa

 

Como xa vén sendo habitual un ano máis eran os pinchadiscos os que abrían o programa das festas de verán da Rúa elaborado dende o Concello e que se celebrarán entre a Estación e o Aguillón.

 

 

Precisamente na rúa Doutor Vila tiña lugar na noite do 1 de agosto a XII edición do encontro, contando na mesa de mesturas con afeccionados locais como José Vicente Solarat (un clásico que abría a xuntanza), Javier Izquierdo ou Santiago Pimentel “Pimento”, pero tamén con djs convidados chegados dende diferentes partes de España como Javi Serrano de La Jungla Radio ou Rafa Torres. Mentres a xente ía animándose a botar o primeiro baile das festas que se estenderán ata o domingo día 4.

 

 

Hoxe haberá pasarrúas pola vila a cargo da charanga CLK a partir das 12 horas e pola tarde serán as actuacións musicais no antigo campo de fútbol, a cargo de Lo Mejor del Último (tributo a El Último de la Fila) no escenario pequeno e da orquestra La Misión que tocará no escenario grande ás 00:00h.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button