En portadaÚltima hora

Dobre cita na Veiga nesta fin de semana: a Feira Montañas de Trevinca e o Nadal Enxebre

Imaxe dunha edición anterior da feira./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Veiga acollerá nesta fin de semana de 17 e 18 de decembro, a 3ª edición da Feira Montañas de Trevinca e a 5ª edición do Nadal Enxebre, promovidas polo Concello co apoio da institución provincial. Esta proposta conxuga as degustacións, sorteos e stands cos seus produtos típicos, cun escenario de nadal que lucirá polas rúas do municipio cos obxectos de decoración que realizará a propia veciñanza.

A Feira será inaugurada o sábado, 17 de decembro ás 12.00 horas pola Banda de Gaitas do concello que dará paso a apertura dos stands participantes no evento. A partir das 12.30 horas, haberá degustación de filloas, queixo, crema de castañas, mel, E, por último, ás 18.30 horas, realizarase o sorte de 5 cestas con produtos locais e pecharanse os stands para finalizar con esta primeira xornada. Ao día seguinte, o 18 de decembro, a feira abrirá ás 11.00 horas, e ás 12.00 será a quenda para a degustación de Faba Loba. Ás 14.00 horas, volverá a realizarse o sorteo de 5 cestas con produtos locais que poñerán o broche final desta cita. Ademais, cabe lembrar que por cada 6 euros de compra entregarase un vale para participar no sorteo das cestas e unha cunca para a degustación da faba loba.

O Nadal Enxebre inaugurase tamén o 17 de decembro, e manterá decoradas as rúas do municipio da Veiga ata o 10 de xaneiro, para que os visitantes poidan achegarse durante estas datas ata o municipio valdeorrés e ver esta decoración enxebre.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button