CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Dobre sesión do ciclo de música Terrasón, no Barco de Valdeorras

Na noite do sábado 21 de agosto actuaba Sofía Espiñeira e no mediodía deste domingo facíao Tronka Jazz Quartet

 

Nesta penúltima fin de semana do mes de agosto, o Terrasón 202, o ciclo de música ao vino nas rúas do Barco, chega ao ecuador do programa, cunha dobre sesión.

Na noite deste sábado 21 de agosto, tocáballe o turno a Sofía Espiñeira. A cantautora de Mugardos (A Coruña) achegábase ata o Malecón barquense para cantar á guitarra e acompañada por un violonchelo, cun estilo persoal que bebe da música de raíz, sobre a reflexión social e a vida cotiá dende a súa propia mirada, cun toque fresco e mesmo cómico. Con forza pero tamén lixeireza, Sofía fixo un percorrido pola bossa e o blues, pola canción sudamericana e o flamenco, polos ritmos africanos e mesmo os latexos da música tradicional.

 

Sofía Espiñeira no Terrasón 2021, no Barco.

 

E da canción de autor ao rock fusión. No mediodía deste domingo 22 de agosto era o turno para o Trío de Jack, grupo vigués formado por Enrique Ambroa e José Souto que compartiu a súa música co público que asistía so seu concerto na praza do Sagrado, no Barco de Valdeorras.

Nun principio estaba previsto que actuaras o Tronka Jazz Quartet, grupo tamén de Vigo influenciado polo rock combinado con mestizaxes que abarcan o punk, a copla, a canción lixeira ou a bossa nova, pero houbo un cambio no programa e finalmente eran Ambroa e Souto quenes actuaban no Barco.

 

O Trío de Jack.

 

A seguinte cita do Terrasón 2021 será xa o vindeiro venres 27 de agosto, cun concerto na praza José Otero a cargo de Castro e Montes.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button