DeportesÚltima hora

Dobre vitoria dos atletas das Escolas Deportivas de Trives na XXXIX Copa Deputación, en Ourense

 

Con moi bos resultados comezan a tempada os atletas das Escolas Deportivas de Trives, que visten a camiseta do Club Adas Cupa do Barco. Este sábado desprazábanse ata Ourense para participar na XXXIX Copa Deputación -XI Trofeo Club Deportivo Aurum, que se desenvolvía na pista de atletismo do Campus de Ourense.

Alí conseguían dous primeiros postos. Un deles viña da man de Nicolás Conde Nogueira (Sub10), que se impoñía nos 500 m Al cunha marca de 1:44.33. e outro da de Antón Prieto Cortizo (Sub12), que tamén vencía nesa mesma proba cun rexistro de 1:32.68. Ademais Itziar Cid Cecilia quedaba 4ª nos 500 m femininos.

 

 

“Nas súas carreiras Antón Prieto e Nicolás Conde dominaron de principio a fin”, destaca o adestrador das Escolas Deportivas de Trives, Tino Sierra.

Fotos: Escolas Deportivas de Trives.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button