DeportesÚltima hora

Dobre vitoria para o club ourensán Auriense F.G.

O equipo masculino estréase na liga galega cunha contundente vitoria ante Cambados
O equipo masculino do Auriense F.G. estreouse na liga cunha vitoria.
O equipo masculino do Auriense F.G. estreouse na liga cunha vitoria.

Boa fin de semana no Campus Universitario para o club ourensán de fútbol gaélico, Auriense, coa estrea na liga do equipo masculino cunha contundente vitoria ante o Cambados F.G. por 31 (08-07) a 11 (02-05). No encontro ante o debutante conxunto de Cambados, o equipo ourensán “impuxo dende o comezo un ritmo de xogo moi alto e con moito acerto cara a portería e paus contrarios, conseguindo marcharse e sentenciar xa no primeiro parcial”, explican dende o club. O vindeiro sábado, xogarán na casa ante un rival directo, Mecos do Grove.

Equipo feminino do Auriense F.G.
Equipo feminino do Auriense F.G.

O equipo feminino pola sua banda, tamén gañaba o seu partido contra Ártabras da Coruña por 18 (03-09) a 9 (01-06) “nun encontro moi igualado ata o descanso, onde as ourensás conseguiron anotar con acerto dende paus”, explican dende Auriense F.G.

Artigos relacionados

Back to top button