DeportesEn portadaÚltima hora

Doce medallas para o Adas no galego máster de atletismo en pista cuberta

A barquense Mónica Yáñez conseguía dous ouros: un nos 60 m valos e outro en altura

A atleta Mónica Yáñez, competindo./ Foto: Adas.

 

Destacados resultados para o Adas do Barco no campionato galego máster de pista cuberta que se celebraba onte en Expourense. O club valdeorrés colleitaba un total de 12 medallas, entre as que destacan o ouro 60 metros valos (0,762) W40 da barquense Mónica Yáñez, cunha marca de 10.07, que ademais facíase co ouro en altura nesa mesma categoría cun rexistro de 1.37.

O resto dos metais conseguidos polo Adas son os seguintes: Pacho García lograba o bronce en 3000 M45, Iria Fernández era ouro en 3000 W40; Pablo Brieva ouro en triple M35, Manolo García ouro en 60 e 200 M80, Jose Barreiro ouro en 60 e lonxitude M75, Paco Bao ouro en peso e lonxitude M70, e Jose Manuel Almudi ouro en peso M80.

 

Outros dous medallistas do Adas no galego de pista cuberta./ Foto: Adas.

 

Dende o Adas cualifícasede “enorme a actuación dos nosos atletas máster” e resáltase tamén a “boa actuación no control de Nerea en pértega, por riba dos 3 m, así como de Simón Novoa en triplo con 10,71, Iria Taboadela e Tania en triplo”.

Artigos relacionados

Back to top button