ConcellosSoberÚltima hora

Dolores González, veciña de Sober, celebra os seus 107 anos

 

O Concello de Sober vén de facer pública a súa felicitación “á avoa da localidade, que hoxe cumpre hoxe 107 anos”. María Dolores González Díaz, máis coñecida como Lola da Pena de Gundivós, celebra neste domingo o seu 107 aniversario na compaña da súa filla, netos e bisnetos.

“Lola atópase estupendandamente, polo que lle desexamos un feliz día na compaña da súa familia”, destacan dende o Concello de Sober.

Este municipio lucense conta así con 13 persoas centenarias, 10 mulleres e 3 homes. Mañá mesmo outra veciña de Sober, Pura Díaz, de Santiorxo, cumprirá 104 anos.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button