Dos 142 casos activos por coronavirus nestes momentos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras un total de 117 permanecen a seguemento a domicilio e 25 están ingresados.
Así, no caso do Hospital Universitario de Ourense, hai 22 pacientes, dos cales 20 están en planta e 2 na UCI. No Hospital Público de Valdeorras hai un paciente ingresado en planta e tamén un no Hospital de Verín, segundo a última información achegada dende o Sergas. Ademais en CO.SA.GA hai outro paciente ingresado en UCI.
“Os tres pacientes ingresados na UCI permanecen en situación estable dentro da gravidade”, tal e como se informa dende Sanidade.
O total de casos rexistrados na provincia de Ourense ascende, segundo a última a actualización, a 146. Con 2 altas (unha en Valdeorras e outra en Ourense) de pacientes que estaban illados a domicilio, e 2 falecementos.