Destacada actuación do piragüista absoluto valdeorrés Adrián Prada Pérez no Campionato de España de Maratón que se celebraba na pasada fin de semana en Pontesampaio. O padexeiro do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro colleitaba dous bronces nesta competición.
Así, conseguía situarse en terceira posición en K-1 sénior o 12 de xullo no maratón longo, cunha distancia de 29.800 m, cun rexistro de 02:03:36,84. Ademais, nesta mesma competición, pero xa o domingo e en barcos de equipos, lograba tamén un bronce xunto a Brais Sánchez, cunha marca de 01:59:27,96.
Ademais o venres, no Campionato de España de Maratón curto quedaba na sétima posición a nivel individual.

Neste mesmo nacional, tamén competía o seu irmán, Raúl Prada (Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro), que quedaba oito o 11 de xullo en maratón curto, mentres que o sábado era de novo oitavo no maratón longo.
Fotos: loispradaf.