En portadaÚltima hora

Dous equipos do IES Xermán Ancochea de Trives pasan á final galega do campionato escolar de orientación 2022

Alumnos do IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives que participaban no campionato provincial./ Foto cedida.

 

O departamento de Educación Física do IES Xermán Ancochea Quevedo está de noraboa, con varios dos seus alumnos clasificados para a final autonómica do campionato escolar de orientación.

O pasado mércores 6 de abril disputábase sobre o mapa do Parque Municipal do Carballiño, o Campionato Escolar Provincial de Ourense de Orientación 2022, cuns 170 rapaces, vinte deles do instituto trivés distribuídos en catro equipos de cinco: dous cadetes masculino e dous cadetes femininos, de 3º da ESO.

Nesa proba, na que os deportistas partían cun mapa do parque con 15 balizas que tiñan que seguir o máis rápido posible ata chegar á meta, clasificábanse os tres mellores a nivel individual e os tres mellores equipos, “e dous do noso centro, un masculino e un feminino, conseguían o terceiro posto co cal irán ao campionato galego de orientación escolar que se celebrará o 23 de abril no monte Gaiás en Santiago de Compostela”, explica orgullosa a profesora de Educación Física, asegurando que todos o fixeron moi ben e o outro equipo ferminino quedou cuarto.

 

Artigos relacionados

Back to top button