
Na tarde do mércores 26 de febreiro producíase un accidente múltiple en Ourense con catro vehículos implicados e dous feridos que eran evacuadas polos servizos sanitarios., tal e como indican dende o 112 Galicia, puntualizando que o suceso tiña lugar na céntrica rúa Marcelo Macías pouco despois das 20 horas.
Era un alertador particular quen informaba ao 112 Galicia desta colisión por alcance, poñendo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, da Policía Local, dos Bombeiros e dos voluntarios de Protección Civil de Ourense.



