OurenseÚltima hora

Dous feridos nun choque entre dous turismos no concello ourensán de Coles

 

Na tarde deste sábado 13 de xullo producíase un choque entre dous coches que deixa dous feridos, un deles atrapado, no concello ourensán de Coles, tal  como indican dende o 112 Galicia, explicando que segundo a información facilitada por varios alertadores, “o sinistro produciuse pouco antes das tres desta tarde na N-525, en Gustei.

Ata alí acudían os medios e recursos para atender as dúas persoas que resultaron feridas e para liberar a unha delas, que estaba atrapada nun dos coches implicados. “Efectivamente, tratábase dun choque entre dous turismos, e como consecuencia do impacto, un dos ocupantes quedou atrapado”, confirman dende o 112, de aí que tivesen que intervir os membros do GES de Pereiro de Aguiar e os Bombeiros do Carballiño. “Unha vez liberado, foi evacuado, xunto co ocupante do outro turismo, ao centro hospitalario de referencia, sendo un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o encargado dos traslados”.

No operativo tamén colaboraron os voluntarios de Protección Civil e os axentes da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button