Con apenas un mes de vida Lola e Mico quedaron orfos. Polo menos descoñécese o paradoiro da súa nai pero o seu coidado está asegurado. Unha familia do Barco de Valdeorras, amante dos animais, estase facendo cargo destes dous gatiños aos que aínda deben alimentar con biberón.
Malia o pequenos que son, os gatos xa colleron uns bos hábitos e despois de beber o leite, van para o salón do seu novo fogar onde quedan durmidiños. Trátase de dous exemplares de gato común, de cor branca e negra, e especialmente un deles semella que levara unha careta.
Fotos: Carlos G. Hervella