OurenseÚltima hora

Dous novos brotes de Covid na provincia: un en Ourense e outro no Carballiño

 

Continúan aparecendo brotes de coronavirus na provincia de Ourense. Así, a Consellería de Sanidade vén de confirmar dous novos. Un deles é un brote familiar no Carballiño con tres casos: unha muller de 20 anos e dous homes de 57 e 33 anos.

Ademais vén de detectarse un brote de carácter social en Ourense con cinco positivos: dúas mulleres de 34 e 38 anos; dous homes de 30 e 32 e un menor.

Actualización de casos nos brotes activos

O gromo de Verín de tres mozos sobe a 5, ao engadir dous casos positivos máis entre os seus contactos, dous homes de 20 e 56 anos. Tamén neste mesmo concello pasa de 7 a 10 casos o brote relacionado cun encontro familiar (notificado o 30 de agosto), co diagnóstico positivo de tres persoas máis: unha muller de 37 e dous homes de 46 e 88.

Por outra banda, o gromo de orixe social en Ourense (comunicado o 4 de setembro) con 7 casos positivos, agora aumenta a 8 co diagnóstico dunha muller de 43 anos.

“En todos eles continúa activo o seguemento dos contactos estreitos”, indica a Consellería de Sanidade que pide, unha vez máis, “prudencia a toda a poboación, especialmente en xuntanzas e celebracións, principal orixe dos novos casos que se están a detectar”.

Artigos relacionados

Back to top button