En portadaSanidadeÚltima hora

Dous novos brotes de Covid no Barco cun total de 7 casos

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar dous novos brotes familiares de coronavirus no concello do Barco. Un deles ten catro casos: 1 home de 40 anos, 1 muller de 35 anos e dous nenos de 7 e 10 anos. Hai ademais un segundo brote con tres casos: un home de 42 anos, 1 muller de 38 anos e un neno.

Así mesmo Sanidade informa do aumento de casos en dous brotes notificados anteriormente no Barco. Así un brote de 6 positivos aumenta agora a 7 cunha muller de 42 anos e outro de orixe social-familiar de 7 casos sobe a 11 con cuatro mulleres máis, tres de 70 anos e unha de 60 anos.

Máis información:
https://osil.info/a-provincia-rexistra-13-novos-brotes-de-covid-entre-eles-un-na-gudina-e-outro-na-mezquita/

Artigos relacionados

Back to top button