Entre os tres falecementos de pacientes diagnosticados con coronavirus rexistrados nas últimas horas en Galicia figuran dous de persoas ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), tal e como confirma a Consellería de Sanidade. Son dúas mulleres de 90 anos e de 83 anos e que tiñan patoloxías previas.
Ademais perdía a vida un home de 92 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e que tamén presentaba patoloxías previas.