SanidadeÚltima hora

Dous novos falecementos de persoas diagnosticadas por Covid na provincia

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento en Galicia nas últimas horas de 5 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 78 anos e dunha muller de 66 anos que estaban ingresadas no Hospital de Ourense e que falecían o 5 de xaneiro. Con elas son xa 476 as persoas falecidas na provincia dende o inicio da pandemia.

Ademais, perdían a vida en Galicia outras tres persoas: un home de 91 anos no Hospital do Salnés e
un home de 58 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) o 4 de xaneiro, así como un home de 90 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra o 5 de xaneiro.

As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button