SanidadeÚltima hora

Dous novos falecementos de persoas diagnosticadas por Covid na provincia

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Conselllería de Sanidade vén de confirmar 6 novos falecementos en Galicia nas últimas horas de persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Dous deles téñense rexistrado na provincia de Ourense. Trátase un home de 94 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (procedente da Residencia Os Gozos- Pereiro de Aguiar) e dunha muller de 88 anos na residencia de maiores de Val Monterrei. Ambos tiñan patoloxías previas.

Ademais perdían a vida outras catro persoas en Galicia: unha muller de 87 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago; unha muller de 53 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (procedente da Residencia Pai Menni de Betanzos), un home de 78 anos que estaba ingresado no mesmo hospital coruñés (procedente da Residencia Ballesol-Oleiros) e unha muller de 79 anos que falecía no seu domicilio da área sanitaria de Vigo. Todas estas persoas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button