CulturaCulturaÚltima hora

Dous valdeorreses premiados no IV Concurso de Fotografía do Camiño de Inverno

 

A cuarta edición do Concurso de Fotografía do Camiño de Inverno, que convoca a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e que estaba dedicada aos ríos desta ruta xacobea, xa ten premiados. O fallo do xurado facíase público esta mañá ante a prensa.

A instantánea ganadora é unha imaxe do túnel romano de Montefurado realizada polo valdeorrés Manuel Juan Otero. E nesta comarca recaía tamén o terceiro premio da man do fotógrafo Lois Prada Ferrer, cunha impresionante fotografía dun meandro do Sil nas terras do Barco.

O segundo premio correspondíalle ao monfortino Germán López Quiroga, cunha imaxe de Belesar.

O primeiro premio está dotado con 250 € e unha ampliación da imaxe gañadora, por xentileza de Fotografia Arcadio, o segundo conta con 150 € e o terceiro con 100 €.

Ademais destes tres premios, o xurado do concurso tamén concedía dous accésit ás fotografías do monfortino Antonio Cortiñas e da salmantina Teresa Hernández, que presentaban unha instantánea do Cabo do Mundo e de Belesar, respectivamente.

Artigos relacionados

Back to top button