Da mellor forma posible vén de comezar o Club River Stone do Barco a tempada de competicións en Galicia.

Da man de dúas xoves promesas do karate valdeorrés, o club faíase con dúas merecidas medallas no Campionato Galego Cadete, Júnior e Sub21 celebrado este domingo 16 de outubro en Ferrol (A Coruña). Lena Álvarez lograba a prata en kata júnior feminino e Enzo Prieto o bronce en kata cadete masculino.

Coma sempre os karatekas valdeorreses estiveron acompañados polo sensei Nicolás Rodríguez, responsable do club e seleccionador galego de kata.
