ConcellosTrivesÚltima hora

Dúas persoas afectadas por inhalación de fume tras un incendio nun garaxe en Trives

 

Dúas persoas resultaban afectadas pola inhalación de fume, tras un incendio nun garaxe na Pobra de Trives. Ambas atopábanse no interior da casa e foron trasladadas polos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pobra de Trives ao centro sanitario da localidade, desde onde estes mesmos os devolveron ao seu domicilio tras recibir asistencia sanitaria, tal e como vén de informar o 112 Galicia.

Foi un dos particulares implicados o que, ao fío das 00:45 horas, informou ao 112 Galicia de que o seu garaxe, situado na rúa San Bartolomé (A Pobra de Trives), estaba cheo de fume. Desde o 112 informouse de inmediato aos axentes da Garda Civil, ao GES de Castro Caldelas e aos voluntarios de Protección Civil, segundo informa o 112 Galicia.

Pouco despois da súa chegada, os membros do GES conseguiron controlar o lume, dándoo por extinguido minutos antes das 2 horas da madrugada, “tralo que fixeron balance dos danos: as lapas queimaron o teito do garaxe, leña, e diferentes bens materiais que se atopaban no interior. As persoas da casa foron trasladadas polos membros de Protección Civil de Trives ao centro de saúde, afectados por inhalación de fume”, citando ao 112 GaliciaD.

Artigos relacionados

Back to top button