ConcellosO BarcoÚltima hora

Dúas persoas atendidas no Barco con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono

 

Na tarde do domingo 13 de febreiro o 112 Galicia recibía unha alerta por unha posible intoxicación por monóxido de carbono na vila do Barco de Valdeorras. “Arredor das 16:30 horas, unha rapaza e o seu pai, veciños da rúa Real, foron atendidos por un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 debido a que presentaban síntomas compatibles cunha intoxicación, como son os mareos. De feito, á súa chegada ao domicilio, o sistema de detección da propia ambulancia comezou a indicar a concentración de monóxido de carbono na vivenda”, tal e como informa o 112 Galicia.

Foi por iso que os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a intervención dos Bombeiros do parque comarcal e dos bombeiros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras “para comprobar mediante as correspondentes medicións cal podería ser a causa da propagación do gas”, segundo o 112 Galicia.

Deste xeito, despois de revisar as instalacións da vivenda, “observaron algunhas deficiencias no quentador do baño, que puideron provocar a alta concentración de monóxido de carbono, capaz de causa o malestar dos ocupantes”, citando ao 112 Galicia. Ata o lugar tamén se desprazaba a Policía Local do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button