ConcellosÚltima hora

Dúas persoas feridas nun accidente de tráfico en Trives

 

En torno ás cinco da tarde deste luns 16 de xullo producíase un accidente de tráfico en Trives. Unha furgoneta saíase da calzada a un quilómetro de distancia da vila trivesa, na estrada OU-536 en dirección á Rúa. Como consecuencia do sinistro resultaban feridas as dúas persoas que ían no interior do vehículo. Ata o lugar do sinistro desprazábanse de inmediato os equipos de emerxencias e os sanitarios.

 

Artigos relacionados

Back to top button