ConcellosMontederramoÚltima hora

Dúas persoas feridas nunha colisión entre dous vehículos en Montederramo

 

A colisión entre dous vehículos, na mañá deste xoves 16 de setembro no concello de Montederramo, saldábade con dúas persoas feridas, unha das cales tiña que ser excarcerada.

Ao fío das dez das mañá, unha testemuña do accidente chamaba ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica e axuda para dúas persoas implicadas no accidente indicando que estaban atrapadas no interior de senllos turismos.

Tal como informan dende o propio 112, o choque producíase en Vilariño Frío, no PK 33 da estrada comarcal OU-536 ata onde se desprazaban os membros do GES de Castro Caldelas, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os servizos sanitarios que, pola súa banda, comunicaban o desprazamento ata o puntos dos feitos, do helicóptero medicalizado de base en Ourense.

Xa no lugar, o GES de Castro Caldelas confirmaba que tiveran que excarcerar a unha persoa que non podía saír do vehículo que manexaba, ao quedar deformada a porta. Engadiron tamén que, finalmente, as dúas persoas feridas eran trasladadas en ambulancia.

Artigos relacionados

Back to top button