OurenseÚltima hora

Dúas persoas feridas tras unha colisión con 3 vehículos implicados en San Cibrao das Viñas

 

Pouco antes das nove desta mañá producíase un accidente de tráfico no quilómetro 224 da A-52, en San Cibrao das Viñas. Dous coches chocaban entre si e acabaron “colidindo contra outro que estaba detido”, segundo o 112 Galicia que, tras ser alertado do sinistro por un praticular, informaba a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos membros de Protección Civil de Barbadás e aos operarios do servizo de conservación da autovía.

“Unha vez no punto, os servizos de emerxencias confirmaron que había tres coches implicados no sinistro e dúas persoas feridas, que foron evacuadas polos profesionais sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”, citando ao 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button