OurenseÚltima hora

Dúas persoas teñen que ser excarceradas tras unha colisión entre un camión e un turismo en Ourense

 

Na mañá deste luns 30 de outubro os bombeiros de Ourense tiñan que liberar a dúas persoas tras unha colisión entre un coche e un camión na N-525, en Ourense, tal como informan dende o 112 Galicia que tiña constancia do accidente, no quilómetro aproximado 238, en torno ás 11:45 horas.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos axentes da Policía Local, e aos membros de Protección Civil.

Finalmente os servizos de emerxencia comunicaban ao 112 Galicia que “tiveron que utilizar o material de excarceración para liberar a dúas persoas, as cales foron trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia”.

Artigos relacionados

Back to top button