DeportesÚltima hora

Dúas quiroguesas, convocadas pola Federación Galega de Voleibol

Carolina Camino e Sofía Pérez xa teñen representado en varias ocasións a Galicia
Carolina Camino, Nerea González e Sofía Pérez.

O CV Ribeira Sacra segue aportando xogadoras ás seleccións galega e española de voleibol. Desta volta son seis: tres na categoría cadete e outras tres na infantil, as convocadas pola Federación Galega para os días 12 e 13 de febreiro.

As cadetes do club lucense convocadas, que xa representaron en varias oportunidades a Galicia dende infantís, son Nerea González Fontal, e as quiroguesas Carolina Camino Fernández e Sofía Pérez Carballo.

Do equipo infantil do CV Ribeira Sacra están convocadas, a central Estela Subiela López, a colocadora Lucía Rodríguez González e a receptora Silvia Díaz Díaz.

 

Artigos relacionados

Back to top button