DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

Dúas xogadoras do Rúa Valdeorras FSF, lesionadas no partido de Copa disputado en Verín

Co empate a ceros e as baixas de Carolina e Sabela remataba o encontro xogado no pavillón A Granxa

Carolina no partido disputado contra o Verín, durante a liga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cun empate a ceros e a baixa de dúas das xogadoras titulares, volvía o Rúa Valdeorras FSF das terras do Támega tras disputar o segundo partido da XLII Copa Deputación de Ourense ante o EDC Verín.

Tal como explican dende o club valdeorrés de fútbol sala feminino, lograban o empate nunha cancha difícil aínda que o resultado era o de menos. Carolina abandonaba a pista en ambulancia camiño do hospital tras unha caída con forte dores na súa boneca e Sabela tiña que retirarse aos 12 minutos de encontro por lesión no sóleo da súa perna.

 

Sabela no partido disputado contra o Verín, durante a liga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“A primeira a día de hoxe está escaiolada, pendente de máis exploracións pero coa certeza de dous ósos da súa boneca rotos e no caso da capitana espérase que terá que gardar repouso algunha que outra semana”, explican dende o Rúa agradecendo o esforzo da porteira, Noa, que xogaba “cun forte esguince de nocelo sufrido no adestramento do venres”.

Na próxima xornada as valdeorresas recibirán no pavillón municipal Victorino Núñez ao Xinzo Feminino FS.

Artigos relacionados

Back to top button