OurenseÚltima hora

Ecovixiantes de Franciscanas buscan o primeiro posto na 5ª edición da Liga Escolar de Recollida de Pilas Usadas

 

O Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense teñen un desexo para este novo ano: conquistar o primeiro posto nesta 5ª edición da Liga Escolar de Recollida de Pilas Usadas, PILABOT, organizada pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, superando os 2.500 kg entregados na pasada edición.

Os voluntarios medioambientais lembran que “unha pila cilíndrica que acabe onde non debe contamina uns 175.000 litros de auga, e se é de botón serían 600.000 litros”. É pois fundamental entregar as pilas usadas no colexio desde onde canalizan a súa entrega a través dos xestores autorizados.

Ao Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense chegaron as caixas, pilabots, para os 520 alumnos rexistrados. “Pedimos a colaboración no coidado da Casa Común”, din os Ecovixiantes.

Exposición sobre a calidade do aire

De forma paralela, os Ecovixiantes inician o ano convidando durante todo o mes de xaneiro de 2024 a visitar unha exposición cedida por Ecoloxistas en Acción sobre a calidade do aire, en concreto na contorna do centro escolar. Unha exposición ben fiada coa obrigatoriedade de poñer en funcionamento en todas as cidades de máis de 50.000 habitantes das zonas de baixas emisións.

 

 

Pero ademais “é un exposición que aborda o problema da contaminación xerada polos medios de locomoción, sobre todo automóbiles particulares”, destacan dende os Ecovixiantes de Franciscanas, lembrando que o seu é “un centro educativo posuídor do Selo de Hábitos Saudables, que participa no Programa Stars España de mobilidade sostible e segura, así como no Plan Proxecta da Xunta de Galicia”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button