A pasada semana os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense celebraban a Medalla Prol Ecclesia 2024 concedida polo Bispado de Ourense cunha entrega de 200 plantas dentro da nova campaña de Plantcrossing. Estamos a levar a cabo a posta en práctica do que o Papa Francisco publicou no seu Encíclica de 2015 Laudato Se, co coidado da Casa Común”, explica o profesor Gonzalo “Lalo” Sánchez que vén de cumprir 60 anos.
Un aniversario polo que o felicitan os seus alumnos Ecovixiantes “para que nos siga acompañando en todas as nosas actividades”, di, asegurando que se sinten “moi orgullosos de que mestros como el e Cristina estén sempre ao noso carón”.
Por outra banda os voluntarios realizaban un obradoiro de reutilización de plástico coa creación de cabichómetros; e tiñan unha xornada de xogos de mesa co Circuíto das 3Rs, de Sogama; fomentando ademais a lectura co obsequio de interesantes libros.
Fotos cedidas.