A do domingo 10 de marzo foi unha xornada longa pero “moi satistactoria” para o responsable das Escolas Deportivas de Trives que se amosa “contento co rendemento dos atletas, xa que todos subiron marca”, no Campionato Galego Sub10 e Sub12 en pisca cuberta celebrado na Coruña.
O resultado máis destacado é o de Eduard Nicolás Lascu que lograba a medalla de bronce en peso 2kg. Ana Basalo competia en peso; Alejandra Prieto en peso e 1000m; Ainhoa Pérez en 1000m; e Adrián Pérez e Gerard González en 500m.
Fotos cedidas