CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

El Tattoo celebra o seu I aniversario cun festival de charangas polas rúas de Trives

 

Por todo o alto, cun festival de música polas rúas de Trives e unha gran animación, celebraba a charanga El Tattoo o seu primeiro aniversario.

A conmemoración tiña lugar o sábado 28 de outubro pola tarde e contou con tres charangas convidadas: Terras do Bibei (TDB), Sghae e A Felga; así como varios bares colaboradores: San Martín, O Cafeto, Quintela, Casanova, O Paíño, Sky, Boliche, Cantina e O Bodegón; e o Concello.

 

 

Tocando, entre brindes e bailes, esta agrupación formada na Pobra de Trives, que conta tamén con músicos do Barco, Castro Caldela e ata Celanova, compartía coa poboación este intenso primeiro ano de vida.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button