SanidadeÚltima hora

Elévanse a 94 os casos activos de Covid na provincia, 16 máis que onte

 

Nesta xornada de domingo 16 de agosto a provincia de Ourense rexistra un total de 16 novos positivos de Covid-19 con respecto a onte, o que supón un total de 94 casos activos de coronavirus, segundo a actualización de datos que vén de publicar a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Dese total de positivos, tres están ingresados no Hospital Universitario de Ourense e o resto permanecen a seguemento domiciliario.

 

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No conxunto de Galicia o número de casos activos de coronavirus é de 1.282, deles 778 son da área da Coruña, 110 da de Lugo, os 94 xa mencionados da de Ourense, 60 da de Pontevedra, 134 da área de Vigo, 55 da de Santiago, e 51 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 48 en unidades de hospitalización e 1.231 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.587 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 280.185.

Positivo dun traballador dunha residencia de anciáns ourensá

O Sergas vén de rectificar no seu parte de hoxe a información publicada onte e relativa a un positivo por Covid dun traballador dunha residencia de maiores ourensá. Así matízase que “o traballador positivo na residencia DomusVi Pereiro corresponde á residencia DomusVi Barra de Miño (Coles)”.

Artigos relacionados

Back to top button