OurenseÚltima horaVídeos

Emilio González reivindica que “as políticas públicas en defensa dos dereitos das mulleres son un dos eixos do Goberno”

O subdelegado fixo un chamamento sobre a necesidade de concienciar ao conxunto da cidadanía de que tanto homes como mulleres se unan á loita feminista na conmemoración do 8M

 

A Subdelegación do Goberno en Ourense conmemorou hoxe a celebración do Día internacional da muller traballadora cun acto institucional aberto a tódolos veciños e veciñas de Ourense na entrada da subdelegación baixo o lema: “invertir en igualdade, avanzar como sociedade” coa finalidade de denunciar as desigualdades sociais e económicas consecuencia da fenda dixital de xénero e as violencias machistas que se dan no mundo dixital. No acto, deuse lectura do manifesto por parte do Subdelegado, a xefa da unidade de Viogen, Alida Iglesias.

O Subdelegado, Emilio González, reiterou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes. Destacou que estamos ante o Goberno máis feminista da historia da democracia que se compromete nas súas accións e reivindicacións y reitera a necesidade de facer un chamamento para concienciar ao conxunto da cidadanía de que tanto homes como mulleres se unan á loita feminista. Ademais, avanzou que dende o Goberno tomáronse medidas sen precedentes en materia de igualdade como o equiparamento dos permisos de maternidade e paternidade, o avance na igualdade salarial coa subida do Salario Mínimo Interprofesional, que contribúe a corrixir a fenda salarial entre homes e mulleres, unha das desigualdades estruturais do mercado laboral.

 

 

A estas medidas debemos sumar o garante de que as empregadas do fogar gocen da mesma protección social e condicións laborais que o resto das traballadoras. Medidas que repercuten na emancipación e na liberdade das mulleres.

Emilio González lembrou que “as mulleres son maioría, especialmente nos sectores máis invisibilizados pola sociedade e nos que máis carga de traballo supoñen” ás que quixo trasladar o seu agradecemento persoal e institucional. Así mesmo, o subdelegado reiterou “o compromiso do Goberno de España coa igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, así como coa erradicación de todas as formas de discriminación que padecen as mulleres, garantindo una aposta lexislativa firme para construír unha sociedade paritaria e participativa”.

 

 

Homenaxe ás mulleres pioneiras da provincia de Ourense

Ademais da lectura do manifesto o acto contou cunha homenaxe a 15 mulleres pioneiras da provincia que foron referentes nos seus ámbitos ao longo da historia realizado por parte das traballadoras da subdelegación: Antonia Ferrín Moreiras; Dolores, Amparo e Julia Touza-Domínguez; Celsa e Eloísa Méndez Vilar, Concepción Docampo Salinas e María Gloria Fernández Melón; Asunción González Vázquez; Elisa Sánchez e Marcela Gracia; Eugenia Pereira Rodríguez; Josefina Salgado Pérez; Emma González Bermello; Adelaida Pérez Pérez; María López de Guadalupe; Olga Gallego; María Aurea Rodríguez; Olimpia Valencia; Rebeca López de Turiso; e María Consuelo París Villar.

Artigos relacionados

Back to top button