
Nunha tarde cargada de “emoción e gratitude”, se levaba a cabo a gradación de 2º de Bacharelato no Colexio Pablo VI, unha “emotiva celebración de logros e vínculos inquebrantables” que, coa presenza de familias e amigos, “destacou o agarimo e a dedicación que caracterizan a esta institución educativa”, aseguran dende o centro.
Unha eucaristía de acción de grazas coa capela abarrotada de familiares e amigos, supuxo o inicio desta xornada celebrada o sábado 25 de maio, e que continuaba cos discursos emotivos de alumnos, pais e titores, “un tributo ao profundo vínculo entre alumnos e o seu colexio onde se prioriza o coidado de cada alumno, especialmente daqueles considerados máis fráxiles”.

A cerimonia continuou coa tradicional imposición de bandas, acompañada dun percorrido cheo de anécdotas e momentos memorables de cada alumno, ilustrados con fotografías que reflectían o seu paso pola institución. Un dos momentos máis emotivos era o agasallo ofrecido polos alumnos ao seu titor, como “mostra de agradecemento polo seu constante apoio e orientación ao longo destes anos”.
A xornada remataba coa tradicional cea de familia, en torno á cal se reunía a comunidade educativa. “Que este novo capítulo estea cheo de éxitos e alegrías”, desexan dende o colexio.

Fotos cedidas.