Hai datas que quedan gravadas a lume no noso interior e o día de onte foi unha delas.
Vimos a Eclipse solar desde uns dos pobos máis bonitos da zona, rodeado de bos amigos, un acontecemento que non se dá todos os días, no pobo natal de varios compoñentes do grupo presentes e sobre todo dun que xa non está entre nós, Pepe Seara, a quen onte dedicamos o concerto, outro motivo de emoción e un terceiro que foi subirnos ao escenario, co noso uniforme renovado, co equipo renovado, repertorio renovado, algún integrante novo, novo director musical, novas versións e todo iso despois de case tres anos de ausencia, todo eran incertezas pero, nada pode coa ilusión, a paixón pola música e sobre todo cun público absolutamente entregado, moitas caras amigas e así en casa todo é máis doado.
Agradecer ao Concello encabezado por Germán, a súa implicación e a súa perseveranza con este acto que se a nós facíanos ilusión eles demostráronnos con fartura que tamén.
Interpretamos algún bolero característico do noso estilo, algún dos nosos clásicos con ese novo formato ao que nos tivemos que adaptar e chegou o momento, para nós polo menos, máis emotivo da noite, cantar o tema estrela de Pepe Seara Galicia Docemente un tema que marcou un antes e un despois na historia do grupo, o tema sen dúbida máis coñecido e que xa forma parte da historia musical de Galicia, sendo para algúns practicamente o segundo himno da nosa Comunidade, que era interpretado maxistralmente por Pepe Seara.
Cun nó na garganta dedicámosllo con todo o noso cariño ao seu pobo e en especial á súa familia presente no acto á que ademais sorprendemos cun ramo de flores e un abrazo en forma de aplausos que precederon a un silencio case místico arrincaron os primeiras notas e nesta ocasión na voz de luís como solista, interpretouse está canción con toda a forza da que fomos capaces e o resultado foi indescriptiblemente emocionante para nós, e pola reacción do público para eles tamén pois a Praza parecía que se movía dos numerosos aplausos ao terminar o tema.
Por todo iso foi unha noite inesquecible, chea de mostras de cariño e podemos anunciar que haberá Son do Sil para longo. Sempre coas portas abertas a novas incorporacións, a renovación e coa ilusión posta no futuro pois a música é o que ten… que nunca ten fin.
Texto: Son do Sil.
Fotos e vídeos cedidos.