DeportesÚltima horaVídeos

Emotivo vídeo de ánimo dos veteranos do C.D. Rúa

 

“Resistiremos todos unidos, en equipo venceremos”. É a mensaxe que transmiten os veteranos do C.D. Rúa, no vídeo que veñen de publicar nas redes sociais. Un emotivo clip coa versión 2020 do tema que interpretan numerosos artistas nacionais como fondo, elaborado con imaxes do equipo rues. Fotografías de xente que xa non está pero sempre formará parte do club como “O Purrela” ou Couso, imaxes de deporte, de vitorias, de celebracións, de amigos, de familia,…

Unha bonita mensaxe de ánimo nesta difícil situación de confinamento na que está a poboación por culpa do coronavirus.

O vídeo pode verse no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=y9XJOu6itlA&feature=youtu.be

Artigos relacionados

Back to top button