CulturaCulturaÚltima hora

“En busca de cogumelos”, actividade de outono da Asociación Segredos de Pantón

 

A Asociación Cultural “Segredos de Pantón” organizará o vindeiro 19 de novembro unha actividade micolóxica. “En plena estación de outono e coas copiosas precipitacións que está a percibir o noso concello, crecen, entre restos de madeira, follas e outros compostos orgánicos, as setas. Por iso, faremos un percorrido entre as carballeiras e devesas de Següín e Ferreiroá para tentar atopar diferentes clases de cogomelos e coñecermos máis sobre estes”, adiantan dende a asociación.

 

 

A actividade, cun custo de 2 euros por persoa, estará baixo a dirección de Urbano, veciño de Guítara. Nela haberá 30 prazas e respectaráse a orde de incrición.

Reservar mediante:
– Teléfono: 662 669 223 (Lucas Vázquez)
– Correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com
– Redes Sociais: Instagram e Facebook.

Artigos relacionados

Back to top button