AutomobilismoDeportesÚltima horaVídeos

En marcha a segunda etapa do Rallye de Ourense

Pepe López abandonaba tras un incidente no primeiro pase polo tramo de Barbadás

 

Na mañá deste sábado 18 de xuño, tralo tramo espectáculo nocturno polo centro da cidade,  arrancaba a segunda etapa do 55 Rallye de Ourense, coa primeira pasada polo tramo de Barbadás, unha das novidades da edición deste ano.

O tramo, de 10,140 km, comezaba con Iván Ares como líder tras rematar a primeira etapa de cinco tramos cronometrados cun tempo de 40:18.2. Pepe López era segundo na xeral provisional a 9.5 segundos. Terceiro Efrén Llarena a 2.8 segundos de López e 12.3s da cabeza. Cohete Suárez e Cachón completaban o top 5, en menos de 35 segundos de diferenza.

Dos 72 equipos que tomaban a saída onte, no último tramo da mañá, o de A Merca-Celanova comezaban 55 en carreira, tralo abandono entre outro de Pepe López por un percance no primeiro pase da mañá e Iván Ares tralo de Toén.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button