CulturaCulturaOurenseÚltima hora

En memoria de Eduardo Blanco Amor

Iníciase o proceso de creación da Fundación do escritor ourensán
Asistentes á reunión de traballo para a creación da Fundación Eduardo Blanco Amor.
Asistentes á reunión de traballo para a creación da Fundación Eduardo Blanco Amor.

Na mañá do 14 de setembro, día no que se conmemora o 117 aniversario do nacemento de Eduardo Blanco Amor, celebrouse, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, unha reunión de traballo para iniciar o proceso de creación da Fundación en memoria do literato ourensán. A reunión contou coa presenza do presidente da Deputación, Manuel Baltar, o conselleiro de cultura, educación e ordenación universitaria, Xesús Vázquez, o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o director de Galaxia, Víctor Freixanes, representantes da familia de Blanco Amor e amigos relacionados co mundo da cultura.

Nesta primeira reunión, os participantes recibiron un borrador de estatutos da fundación para que, cada un deles, faga as achegas oportunas co obxectivo de “acadar un documento estatutario acorde cos desexos das institucións e particulares que participaron desta reunión” explican dende a Deputación de Ourense.

Os fins que inspiran o nacemento desta fundación son segundo o organismo provincial “a conservación e difusión da obra e o legado do escritor Eduardo Blanco Amor, a promoción de actividades de estudo e investigación nos campos da literatura, o xornalismo, a lingua galega, as artes, en especial a fotográfica, e os estudos históricos e políticos, así como a dinamización e promoción sociocultural da provincia de Ourense e a potenciación e difusión da cultura e a realidade sociocultural de Ourense, en particular, e Galicia, en xeral; no exterior e a colaboración con entes público-privados de fins semellantes”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button