CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Encontro con Antía Yáñez no marco dunha intensa Semana do Libro no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

A escritora reunirase mañá co alumnado e tamén cos lectores adultos, asinando os exemplares das súas obras a partir das 16:30 horas na Biblioteca do centro

 

Un ano máis o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco celebra por todo o alto a Semana do Libro.

Dende o martes 23 de abril e ata o venres día 26 terán mercadiño de intercambio de libros na Biblioteca, cada día adicado a un ciclo ou etapa educativa. Comezaron os pequenos de infantil, e despois foi a quenda dos do primeiro ciclo. Xoves e venres serán os días para os intercambios do alumnado de segundo e terceiro ciclo respectivamente. Hoxe tamén tiveron emisión en directo dun programa de radio na emisora do centro, Dino Radio.

Por último, maña día 25 contarán coa presencia da escritora Antia Yáñez, autora de O misterio de Portomarín, libro de lectura este ano en cuarto, e Senlleiras que foi o título elixido para o club de lecturas de Nais e profesores dentro do proxecto de “Lectura e Familias”.

Antía terá un encontro co alumnado e tamén cos lectores adultos, asinando os exemplares das súas obras a partir das 16:30 horas na Biblioteca do centro.

 

Artigos relacionados

Back to top button