ConcellosÚltima hora

Encontro de Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de Galicia

Nesta xornada, celebrada na Estrada, a agrupación de Manzaneda explicaba o labor que vén desenvolvendo nunha ponencia
O alcalde de Manzaneda cos membros de Protección Civil deste concello durante o encontro na Estrada.
O alcalde de Manzaneda cos membros de Protección Civil deste concello durante o encontro na Estrada.

Preto de 600 voluntarios das catro provincias galegas dábanse cita na mañá do 20 de xuño na Xornada-Encontro das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Galicia que se celebraba na sede da AGASP na Estrada. Entre as participantes estaban algunhas do oriente ourensán, como é o caso das de Manzaneda e da Rúa.

Esta xornada servía á vez como unha xornada formativa na que ademais dun balance das iniciativas adoptadas en materia de protección civil nestes anos tamén se abordaban accións futuras nesta materia. Así, por exemplo, había relatorios en materia de redes sociais e novas tecnoloxías. Así como da nova Rede Tetra de Comunicacións móbiles de Emerxencias e Seguridade de Galicia.

Uns 600 voluntarios de Protección Civil das catro provincias galegas se daban cita nesta xornada.
Uns 600 voluntarios de Protección Civil das catro provincias galegas se daban cita nesta xornada.

Entre as ponencias figuraba unha adicada ás actividades a desenvolver por unha AVPC dun pequeno concello. Nela, Clemente Pérez, responsable e coordinador da AVPC de Manzaneda, explicaba o labor desenvolvido ata o momento por esta xove, pero moi dinámica agrupación. Ademais comentaba os os retos que se lle presentan. A súa intervención era acompañada dun video con imaxes das actividades, elaborado por Juan Manuel González Cipriano, membro de Protección Civil de Manzaneda.

Clemente Pérez, durante a súa ponencia no acto./ Foto:  Jorge Llorente.
Clemente Pérez, durante a súa ponencia no acto./ Foto: Jorge Llorente.

Este relatorio completábase con outro a cargo do alcalde de Laza, voluntario da agrupación deste municipio e xerente dos consorcios contra incendios e salvamento de Verín e Xinzo de Limia, José Ramón Barreal.

Clemente Pérez, coordinador de Protección Civil de Manzaneda, con José Sieiro, moderador da mesa.
Clemente Pérez, coordinador de Protección Civil de Manzaneda, con José Sieiro, moderador da mesa.
Outro dos momentos do encontro.
Outro dos momentos do encontro.
O alcalde de Laza e voluntario da agrupación Protección Civil deste municipio, José Ramón Barreal, na súa intervención./ Foto: Olivier Reboredo.
O alcalde de Laza e voluntario da agrupación Protección Civil deste municipio, José Ramón Barreal, na súa intervención./ Foto: Olivier Reboredo.
Este encontro foi inaugurado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e nel tamén estiveron presentes, entre outras autoridades, o conselleiro de Educación e Cultura, Román González, o director xeral da AGASP Luis Menor, o alcalde da Estrada, José López, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Fotos cedidas por: Juan de PC de Manzaneda e a Elisa de PC A Rúa.

Algunhas das autoridades presentes no acto. /Foto: Xunta.
Algunhas das autoridades presentes no acto. /Foto: Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button