En portadaÚltima hora

Éntoma (O Barco) tamén loita contra o lume

 

Con cisternas, caldeiras de auga, mangueiras ou calquera outra cousa que tivesen a man saían os veciños de Éntoma (O Barco) a loitar contra as chamas do incendio forestal que se achegaba perigosamente as súas casas a primeira hora desta tarde. Nese intre non había ningún tipo de medio e a veciñanza saía para frear o lume e evitar que se visen afectadas as vivendas.

O vento cambiaba arredor das seis e enfiaba en dirección Rubiá, pasando pola Veiga de Cascallá. Ademais empezaban a chegar os primeiros medios de extinción. Tamén se vían afectados viñedos en Éntoma.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button